2/6/09

Lecturas de última hora

Agora que case estamos a fin de curso e andamos un pouco pillados de tempo decidimos ler xusto o libro máis gordo de todos: Los hombres que no amaban a las mujeres, de Stieg Larrson.

O caso é que o libro engancha e xa varias das lectoras remataron o primeiro tomo da triloxía Millenium e xa están moi avanzadas na lectura do segundo: La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina.
Para ler o último, La reina en el palacio de las corrientes de aire, temos que esperar a que se publique a versión en castelán que está prevista para mediados de xuño (a presentación en Madrid é o vindeiro 22 de xuño), pero se non nos dá tempo a lelo neste curso quédanos de "deberes" para o curso que vén.

Entrementres estamos barallando a posibilidade de ir ao cine para ver a adaptación da primeira entrega...

Estará á altura do libro?

1/6/09

Unha nova saída




O pasado venres 29 de maio fomos ao cine para ver Ángeles y demonios, película baseada na novela homónima de Dan Brown.


Este libro é anterior ao best-seller O Código Da Vinci, pero tivo un recoñecemento posterior.


Estamos valorando a posible lectura destas obras ou, cando menos, dunha delas (se temos en conta a semellanza na temática e no desenvolvemento da trama).