31/3/09

TeatraLEaNDO

O teatro pódese ler ou ver... Nesta ocasión nós optamos por asistir á representación de Comedia bífida, de Núñez Singala, posta en escena pola compañía Bicodobrelo.
Aquí queda unha lembranza dese día

2/3/09

Máis que libros

Ademais de ler tamén procuramos levar a cabo algún tipo de actividade complementaria relacionada coa obra que estamos lendo ou que imos ler.
Así, polo de agora, as de 4º asistimos (o 17 de decembro)ao cine á proxección do filme Crepúsculo...



E acudimos tamén ao teatro, o pasado sábado 28 de febreiro, á representación de Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala, posta en escena por Bicodobrelo

O que lemos

No que levamos andado xa alá van lidos tres libros e con dous estamos nestes momentos.
O club de 3º leu As lágrimas de Shiva, de César Mallorquí e agora estamos con Os nomes do traidor, de Xurxo Sierra Veloso.
O club de 4º leu El niño del pijama de rayas, de John Boyne, e Crepúsculo, de Stephenie Meyer. Agora estamos lendo Son lenda, de Richard Matheson.

Posta ao día

Aínda que un pouco tarde, imos poñer un pouco de orde neste club de lectura.
Para comezar, debemos presentarnos. Pertencemos ao CPI Camiño de Santiago e dentro deste ao club de lectura Camiño de libros.
Este club está dividido en dúas seccións: un grupo de alumnos de 3º da ESO e outro de 4º
No primeiro grupo inclúense: Alba R, Alba S, Iria, Manuel, Olalla, Pablo e Yeni. No segundo grupo están: Bianca, Cristina, Iria, Marina, Nati, Noris, Raquel S, Raquel V e Tamara.
A que está un pouco ao mando de todo isto son eu, Amelia, a profesora de lingua galega e literatura e responsable do que aquí se faga.